Xa podes consultar as presentacións e a grabación do acto de CPM de Innova MicroLab

 

O Servizo Galego de Saúde presentou o 9 de xullo a Consulta Preliminar do Mercado do proxecto Innova MicroLab aberta a todas as entidades e organizacións con interese en participar.

O Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde Remeseiro, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes presenciais no salón de actos e virtuais a través de streaming. A continuación o Xerente da ACIS, Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, expuxo ás características do proxecto facendo fincapé na traxectoria do SERGAS en materia de compra pública de innovación; e o Director da área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria da ACIS, José María Romero Fidalgo, detallou o procedemento para participar na Consulta Preliminar ao Mercado.

Posteriormente, o acto centrouse na presentación dos 2 retos formulados no marco do  proxecto Innova Microlab por parte do promotor do proxecto, o Dr. Germán Bou Arévalo, Xefe do Servizo de Microbioloxía do CHUAC, e de Guillermo Vázquez González, Subdirector de Sistemas de Información da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

Nesta páxina poden consultar as presentacións e a grabación do evento.

O proxecto xorde da necesidade de encarar un grave problema de saúde existente a nivel mundial como son as resistencias a antimicrobianos e evitar a posibilidade de que determinadas infeccións convértanse en incontrolables por este motivo. A través da Compra Pública Innovadora preténdese desenvolver dúas plataformas tecnolóxicas totalmente automatizadas que redundan de maneira clara e directa na saúde dos cidadáns, centradas en 2 retos:

  • Reto 1: o diagnóstico microbiológico ultrarrápido de patoloxías infecciosas.
  • Reto 2: o estudo da evolución do microbioma en pacientes con enfermidades metabólicas.


As propostas de solución presentaranse enviando un correo electrónico á dirección: Innova.microlab@sergas.es No asunto do correo electrónico indicar o acrónimo da proposta.

O prazo para a presentación de propostas de solución finalizará o 30 de xullo de 2021 ás 14:00.

O proxecto Innova MicroLab conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.