Participa na CPM de Innova MicroLab enviando a túa proposta de solución innovadora

 

A etapa de consultas ao mercado é fundamental en mecanismos de Compra Publica Innovadora nos que se licitan solucións non existentes no mercado.

Unha vez publicada a orde de CPM no Diario Oficial de Galicia e a convocatoria e anexos na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, ábrese o prazo para a presentación de propostas de solucións innovadoras aos 2 retos de Innova MicroLab.

As propostas de solución presentaranse enviando un correo electrónico á dirección: Innova.microlab@sergas.es No asunto do correo electrónico indicar o acrónimo da proposta.

O prazo para a presentación de propostas de solución finalizará o 30 de xullo de 2021 ás 14:00.

O proxecto Innova MicroLab conta cun orzamento de 5,7 M. euros financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020 no marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Ciencia e Innovación.